Anotacións do mes May, 2009

Pubs e cousas

Monday, May 25th, 2009

Hai un pub no centro de Edimburgo chamado The Royal Oak. É A Repichoca escocesa :D Un pub de folk moi importante dentro do ambito musical de por aqui.
Gustame ir. É pequeniño, pero sobre as paredes hai centos de concertos moi interesantes. Ali descubrin o Arran Folk Festival, e o Edinburgh Folk Club.
No Edinburgh Folk Club o vindeiro mes tocará Andy Irvine, un dos meus numerosos mitos eróticos. Antonte estiveron tocando dous homes con cadansúa guitarra. Ó saír a fumar un cigarro, un deles estivome contando cómo Fife é o berce dos auténticos escoceses. Gústame o acolledores que son os escoceses, nunca me tratan como a unha turista. E The Royal Oak mola por iso, e porque podes sinxelamente ir a tomar unha cervexa e a falar con quen estea ali.
Ó festival de Arran van ir Lúnasa. Quero ir! Pero non sei se poderei por mór do traballo. Ás veces penso por qué me gustan tanto, se fan música tradicional coma moitos outros grupos. Non son coma Kíla, por exemplo, que teñen un son e un estilo moi marcados. Durante un tempo pensei que era a guitarra. En Give us a drink of water, a guitarra ten un papel importante, e na meirande parte das súas cancións escóitase forte, coma un instrumento máis, non coma un de recheo. Tamén se pode apreciar nesta canción:

Pero por moito que tente adiviñar que é o que os fai grandes, non son quen de facelo! A música de Lúnasa entra polos meus ouvidos e fai que mude o meu estado de ánimo. É case algo físico. É evidente que son uns musicos moi bós, pero será a guitarra o que os fai diferentes nunha primeira escoita?

Asi que antonte estiven en The Royal Oak descubrindo festivais. Ese día P quixo vir comigo, e lle estiven a falar dos diferentes instrumentos tradicionais que aparecian en moitas fotos, entre eles o meu descubrimento máis actual, a concertina. Estiven tomando nota dos diferentes concertos, e nun momento dado él colleu a miña libreta e anotou algun mais para min que eu non vira. Lembrei que o meu amigo Alvaro dixera un dia que as parellas non teñen por que ter os mesmos gustos, e poñia a súa moza como exemplo. Eu xa non busco iso, xa non busco unha alma xemelga porque desgraciadamente non creo nesas cousas. Pero o xesto de seguir anotando cousas para min foi moi bonito. Foi coma se quixese participar dalgún xeito niso.
Onte reservamos hotel (era máis barato que un b&b!!) e bus a Dunblane, e hoxe manqueime no dedo maimiño do pé dereito. Pensei que rompera o óso, asi que fun ata o hospital. Non rompin nada mais o dedo está morado e non podo andar. Asi que non puiden ir traballar, e non irei ata o mércores.


O escocés

Monday, May 25th, 2009

Julia contarame en Madrid, que en Escocia tamén falaban escocés. Pero non gaélico, senon escocés.
Cando fun á entrevista na biblioteca vin un comic publicado neste ¿idioma? ¿dialecto? (sei lá!), seica era o primeiro comic publicado en scots.
E hoxe, fuchicando na páxina do Parlamento Escocés, vin que estaba traducida ó scots! Dende a miña ignorancia, para min esta lingua é a escrita fonética do inglés con acento escocés. Pero como teño a sensacion de que estou a dicir unha chea de burradas, agora mesmiño vou ler o que ten que dicir a Wikipedia ó respecto. Paréceme moi interesante.
Por outra banda, sorpréndeme a profundidade da cultura escocesa en tódalas áreas, é algo alucinante. E sen ánimo de entrar en debates políticos nen lerias, dame mágoa ver cómo a cultura inglesa (que non británica) esta dalgun xeito sobre todo o escocés. É coma ver só a superficie dunha lagoa fonda. Ou polo menos esa é a impresión que eu teño. Confundir modernidade con perda de identidade é un erro enoooooooorme.

No aeroporto as cousas van tirando. Eu estou esgotada, hoxe foi un dia durisimo. Teño un par de compañeiras que feden un pouco. Unha por racista, e a outra por trepa. O resto dos compañeiros son estupendos. E pasado mañá teño o día libre, e o xoves e o venres marcho a Dunblane co meu mozo (hoxe fixemos a reserva). Onte ensinoume a dicir o equivalente a “teño unha fame negra” en noruego, pero xa o esquecín.
Que ganiñas teño de que chegue Setembro para comezar na universidade!

(O meu galego está comezando a cheirar, e o castelán tamén. Non quero pensar cómo vai ser isto cando pasen uns anos)

Sunday, May 17th, 2009

Hoxe viña morta no bus dende o aeroporto (pola merda da resaca producto dunha festa de Eurovision, jeje). Baixei do bus e veña, ponse a chover. Ía andando cara a casa morta de frio, cando nun recuncho vin unha parella bicándose. Sorprendinme sorrindo. Eu, sorrindo ó ver alguén bicandose!
Sen dúbida, estou cambiando!

Cousas boas e malas

Thursday, May 14th, 2009

Semana rara, semana rara.
A miña tarxeta de credito foi clonada, e roubaronme 87 euros. A policia de aqui non sabe moi ben o que facer, e o meu banco en España está a ser bastante inútil. Gracias á policia da Coruña os meus pais poideron facer unha denuncia no meu nome, basicamente para darlla ó meu banco e así poder ter os meus cartos de volta.
Ese mesmo día, no medio do disgusto, descubrín que os meus compañeiros de piso están xuntos. No primeiro momento amoloume moito, o meu compañeiro sabia que eu preferia non compartir piso con parellas, e ademais dixomo no medio dunha cea con mais xente. Foi moi incomodo. Pero agora pareceme xenial, aprecioo moito, asi que se están ledos, ben por eles! Só lles dixen que non queria ter problemas se algo pasaba entre eles, penso que é algo básico.

E por outra banda, P. e mais eu estamos xuntos á fin. Tras tres semanas tomando as cousas moi a modo, onte decidimos probar, porque ó cabo, xa nos estabamos a portar como unha parella.
Nunca pensei que tras o de Jorge puidese ser quen de confiar en outra persoa. Pero P. faime sentir ben, e onte pasámolo xenial. Xa estamos planificando a viaxe de dous días a un pobiño de Escocia.
Os dous tivemos malas experiencias antes, pero como el dixo, temos dúas opcións. Tirar cara adiante, ou ser só amigos. E non podemos ser só amigos, xa é demasiado tarde para iso, jaja. Así que somos unha parella internacional. Un noruego e unha galega, quen mo ía dicir…

Gracias

Thursday, May 14th, 2009

Bueno buenooo! Recibin un paquetiño que viña dende Barcelona, cun disco de Guezos asinado e unha carta!
Moitísimas gracias! Fixome moita ilusión, gracias Roi, que detallazo! Xa sabes que se queres algo só tes que pedilo!
E gracias ós Guezos por asinar o disco, de verdade, faime moita ilusión, aquí cada pinga da miña terra é un luxo.

Kaiser Chiefs - Ruby

Tuesday, May 5th, 2009

Estes días estou obsesionada con esta canción por mór da letra.


Traduccion libre dalgunhas estrofas que describen exactamente a miña situación co señor noruego do carallo.

Que non se diga nunca que o romance está morto
porque pouca cousa máis hai ocupando a miña cabeza
Non preciso de nada agás da funcion de respirar
pero non me preocupa, tanto me ten.

Ruby, Ruby, Ruby, Ruby
E ti, ti, ti, ti
sabes o que me estas, o que me estas a facer?
Ruby, Ruby, Ruby, Ruby

Porque non hai nada mais agás o espacio entre
adiviñar como te chamas, e repetir o teu nome

Podería ser, podería ser que esteas xogando conmigo
e que en realidade non te ves ti conmigo?

Quitasme o sono na noite

Monday, May 4th, 2009


Non me colles nen me deixas, non me deixas nen me colles!

(Non sei por que nen sei como, non sei onde nen sei cando, pero entre fusco e lusco seguireite aqui agardando)

Monday, May 4th, 2009

Hai un par de dias fun a Calton Hill ó festival de Beltane. Seica se celebra tódolos anos.
Fun por curiosidade, porque ian alguns amigos e porque iso dunha festa do lume pintaba ben. Foi bastante impresionante.
O festival dura unhas tres horas, nas que unha performance percorre Calton Hill. Hai unha historia sobre unha muller branca e un home verde, pero a verdade é que o sitio estaba cheo e non sempre podiamos ver ben, asi que supoño que o vindeiro ano poderei dar mais datos. Houbo un momento no que unha xente vermella facia acrobacias simulando un ataque á garda da muller branca, foi impresionante, unhas coreografias preciosas. Hai moitisima informacion aqui. Noutro momento prenderon unha cacharela xigante, foi coma estar en San Xoan, é flipante o parecidos que somos os galegos ós escoceses en moitas pequenas cousas.
Na colina habia tamen unha tendiña de hamburguesas e café. Non habia alcol porque esta prohibido vendelo a partir das 10 da noite (ou 10 e media, non me lembro ben), asi que tiñas que levalo ti. A noite foi moi máxica. Lume e bailarins percorrendo Calton Hill se ollabas cara un lado, e Edimburgo iluminado se ollabas para o outro.

Ando moi cansa hoxe porque tivemos un dia moi ocupado no aeroporto, cheguei a casa cunha dor de pernas arrepiante, e case sen poder andar. Levo toda a tarde durmindo (hoxe tiven turno de noite).

Saturday, May 2nd, 2009

Xa levo dous dias traballando no aeroporto. Resultame complicado, 8 horas ó día escoitando ingles en diferentes acentos é unha tolemia. Unha compañeira é de Glasgow, non hai quen a entenda, pero bueno, mais ou menos a cousa vai indo. Non todo o mundo é agradable, pero estou leda.

Para ilustrar o tema do acento, Billy Connolly. Billy Connolly é un humorista escocés. Cando o escoitei por vez primeira en Madrid non entendin nada. Agora a cousa cambia, penso que é algo bó.

Por outra banda, xa me deron a beca para a universidade. Asi que xa é máis que oficial :) Estou agardando polo welcome pack da universidade, para ver cando son as datas de matricula.

E xa por unha ultima banda, o tema P. segue cara adiante. Onte quedamos á noite e fomos ata perto de Arthur’s seat, a un parque que hai completamente a escuras, e levamos unha garrafa de viño e ali estivemos mirando as estrelas e falando de moitas cousas.

Mañá conto sobre o Beltane, que fun ver un espectaculo de lume moi moi celta.