Anotacións do mes July, 2009

Friday, July 31st, 2009

As cousas estan indo dereitiñas estes ultimos dias, se cadra porque estou de moi bo humor. Gústame que chova, e aqui teño toda a choiva que quero! :D
Agardo moi nerviosa o dia 29, no que teño a presentacion para estudiantes maduros da miña universidade. Teño moitas ganas!
Andiven maliña outra vez, outro catarro e algo de asma. No aeroporto estamos a ver quen é o primeiro en coller a swine flu, eu xa o teño como algo inevitable.
As cousas entre P e mais eu volven estar ben. Teño que dicir que ademais de ser estupendo e bó, é moi paciente e tranquilo. Por iso cando esta amolado, ou eu estou amolada, o seu ton de voz non muda nadiña. Iso fai que as conversas sexan mais sinxelas. Sigo abraiada do doado que é falar con el. Non quero comprometerme moito porque non sei se o ano que ven vai voltar a Noruega ou non.
Xa van tres semanas dende que marchou, e a el tamen lle esta custando. Hoxe falamos dúas horas por telefono! Dúas horas! Eu non falei na miña vida dúas horas con ninguen por telefono.
O martes vou para Coruña ata o dia 11. Non sei se saerei do aeroporto en Madrid, teño que coller o avion ali para Santiago e teño poucas horas de espera. Pero falando con P hoxe comezamos a organizar unha viaxe a Madrid para outubro. Oxala. Boto moitisimo en falta Madrid, ando algo preocupada por todas as emocions que vou sentir de supeto o martes, xa son 9 meses dende que marchei de ali, e 7 dende que vin á miña familia.
Preocupame o estado do meu ingles para cando volva!
Tamen ando a mudar moito moito! Escribin unha chea de poemas, e volvo a ler moito. Son adicta a mercar cosmeticos. Nunca comprei cosmeticos, sempre mos regalaran. Hoxe pintei as unllas dos pés, jaja. E para cando volte seguramente mercarei un vestido.
Vou vella, sen dubida.

Monday, July 20th, 2009

¿Que teñen en comun Alan Stivell e Scooter?

Non é tremendo ver como a musica tradicional pode acubillarse en calqueira lado sendo cantada por xente do mais variopinto?

Sunday, July 19th, 2009

As cousas xa volven a ir mal, pouco duran estando ben.
O mes que ven vou a Coruña por unha semana, e agora resulta que a miña axencia non sabe se vai ter traballo para min á volta. Avisei dous meses antes, pero asi son as cousas.
Por outra banda, P. xa esta en Noruega dende o dia 10. Estou sufrindo moito, non só porque el estea lonxe (cousa asumible), senon polo doadamente que vexo que se esquence de min. Esta semana tiven dous pesadelos terribles nos que vellas lembranzas aparecian. E el non o entende, e o unico que consigo é parecer una tola. Onte á noite tiven que ir traballar deixando una conversa a medias. Chameino, e rexeitou a chamada. Tres veces en diferentes horas. Hoxe non tiven ningunha explicacion. É dicir, cheguei á casa e quedou en falar comigo logo. Isto foi ás 7 da mañá, e ainda sigo agardando.
P e mais eu somos felices cando estamos xuntos, pero separados somos persoas diferentes e a distancia entre nós medra a fume de carozo. Estou afeita a non escoitar verbas doces, porque el non é asi. Pero ainda non escoitei tampouco un “botote en falta”.
Asi que identifico os sentimentos que teño agora cos dunha ruptura. Son os mesmos: ansiedade, tristura… Levo dous dias chora que chora. Onte non comin nada. Hoxe levo todo o dia na cama. Aqui non teño amigos que me saquen da casa, e eu non teño forzas. Maña entreganme unha analise de sangue que fixen, porque non ando moi ben de saude tampouco.
Gustariame que fose setembro para saber se isto vai acabar ou non, pero temos a cousa en stand by, e eu estou morrendo por dentro e por fora. Por suposto, este é o meu punto de vista. Probablemente el estea de puta madre.

Saturday, July 18th, 2009

Cthulhu escoitou os meus pregos! Tras 7 meses soñando con flans de vainilla, hoxe atopei no Tesco “Smooth cream caramel”, que ven sendo o mesmo.
Estan boísimos!

Saturday, July 4th, 2009

Son moi feliz