Anotacións do mes August, 2009

Tuesday, August 18th, 2009

Canto tempiño sen escribir!
Estou tendo un mes de relax :) Estiven unha semana na Coruña, tiven que facer noite en Madrid asi que corrin a Lavapies a visitar ó kurdo guapetón para cear, e non tiven tempo a mais. E tiven a peor dor de cabeza da miña vida, que horrible. Tentei durmir un pouco en Barajas pero un home espertoume (e non pediu perdon!) asi que xa pasei de seguir durmindo.
Estar na Coruña foi bonito, e moi raro. Realmente necesitaba descansar e estar coa miña familia, asi que non sain moito. Foi bonito que veu Julia a pasar unha fin de semana comigo e con meus pais. A verdade é que foi moi dificil, tanto estar na Coruña coma en Madrid. As lembranzas viñeron de súpeto, e os cheiros, e os sabores…
Gustoume moitisimo ver a meus pais. Botoos en falta. Cando fomos á miña aldea tiñan unha sorpresa preparada, mercaran unha tarta para celebrar o meu aniversario, porque en setembro non vou poder estar ali. Case choro, pero teño que controlar moito o que fago porque o meu pai esta bastante sensible co tema de que eu viva lonxe.
Meu avó chorou cando marchamos.
Cando a xente di que qué sorte teño de vivir aqui, e isto, e aquilo… Si, é unha sorte. Pero ten un prezo altisimo.

A semana que vén teño a presentacion da universidade. Estou nerviosa, xa teño alguns horarios, e agora que cambiaron á miña responsable na axencia as cousas están indo mais relaxadas. Iso si, antonte tiven un turno de mañá no que por pouco choro. O supervisor dunha compañia aerea estivo a berrarme diante duns clientes, cando el non ten autoridade para iso (nin educacion, claro). Esta compañia tenme bastante amolada, sempre estan igual. E eu hai dias nos que estou moi estresada e non teño tempo para aturar certas cousas.
Sigo perdendo pelo. Pero estou moi leda.

P. xa volta a semana que vén. En certo modo estar separados fixonos mais fortes, en contra do que eu cria. Falamos todolos dias por telefono, e a cousa veu soa porque ningun queria ter esa necesidade de chamar ou falar tódolos dias. Sinxelamente pasou :) Dixo que o ano que vén ía tentar quedar aqui en Edimburgo. Oxala atope algo bó no que traballar, porque a min ainda me quedan catro anos de estudios. Ainda que con el todo é doado, a verdade. Se cadra se ten que marchar a cousa poderia funcionar. Tamen lle contei que se pensaba que eu ia quedar na casa todo o rato non iba ben encamiñado. E respostou que por suposto que non, que queria ir a concertos comigo e viaxar. Non pode ser tan doado, ten que ter truco. Regaleille unha camiseta de Rei Zentolo, jajaja, ten gracia ver un noruego coa rianxeira en inglés no peito.

O festival de Edimburgo é alucinante. É a cousa mais impresionante que nunca vin, ademais da empanada de panceta. Antonte vin un musical (non entendin nin papa pero paseino de medo). Pasado mañá irei a una Rocky Horror Night, e a milleiros de cousas mais. Agora hai un festival internacional de libros, tamen. É brutal.

E nada mais. O meu novo descubrimento musical chámase Thomas Dybdahl, e ando namoradiña das súas cancións.