Anotacións do mes October, 2009

Wednesday, October 28th, 2009

Encantame esa hora do dia, cando case é noite pero ainda é día e a xente sae de traballar, os coches teñen todos as luces acesas, todo o mundo camiña pola rúa e as tendas aínda están abertas.

Doente

Wednesday, October 21st, 2009

Andaba eu que non podia coas miñas dores de cabeza (facianme vomitar, puaj), e o domingo dixo o medico que tiña migrañas, posiblemente por mor do estres. Agora teño que tomar unha medicacion especial cando sinta que comeza a darme un ataque, e teño tamen que estar tumbada a escuras para que a dor remita. Non saben se me van desaparecer porque cada persona é diferente co tema das migrañas, pero fixo que me deprimise moito porque cando me doe a cabeza non podo nin traballar nin ir a clase, e o domingo xa tiven que faltar.
O luns á noite comecei a ter moita dor nas pernas e na gorxa. Pensei que non podia ter tan mala sorte de coller a gripe, pero tamen tiña senso porque o dia anterior estivera no hospital en contacto con xente doente. Pedin cita no médico (déronma para o xoves, canto boto en falta o SERGAS!) Á noite estiven con moita febre, e veña máis dor nos riles e nos xeonllos, e paracetamol por aqui e por acolá. Hoxe tiña dous exames e tiven que faltar a clase e perdelos, porque espertei ademais con dor no peito. Como son asmatica chamei ó meu médico pedindo que por favor me vise hoxe. Asi que fun á consulta, e atendeume o médico máis estúpido e déspota que vin na miña vida. Miroume a gorxa e dixo “aqui non hai nada que ver” e tirou a lampariña na mesa. Logo dixo que tiña os sintomas da Gripe A e que se queria tomar o Tamiflu. Eu lle dixen que non tiña nin idea. E dixo que como o governo non fai análises por cada posible caso, fai que o medico lle dea ao paciente a posibilidade de elexir. Tamen me dixo que o Tamiflu podia darme alucinacions, delirios e “funny dreams”. Asi que dixen que non, porque total o que fai o Tamiflu é reducir un día a duracion da gripe A. E xa me chega con todas as pastillas que estaba tomando. Enton dixo que ok. Eu preguntei se tiña que seguir tomando paracetamol e respostou “do whatever you want”. Alucinante o deste home. Tamen preguntei polo tratamento da migraña, porque no hospital non me explicaran moita cousa. Colleu unha das medicinas e empezou a falar, namentres eu remexia no bolso buscando o resto. Enton dixome “estou a falar contigo, deixa de remexer e atende”. Incrible.
Cando lle pedin un xustificante para a universidade, tirou un taco de notas sobre a mesa e puxose a murmurar e a escribir coma un tolo. Deumo e dixo “bye” de costas. E isto é un resumo. Nunca me trataran tan mal en ningures!
Asi que agora estou na casa, cunha posible gripe A e perdendo a visita da irmá de P :( Pero bueno, poderia ser peor!

Wednesday, October 7th, 2009

Canto máis tempo paso aqui, menos quero voltar a España. Dende aqui as cousas vense moi moi mal. A pesar de ser española, non comprendo a situación actual. Non entendo por que a xente esta tan afeita a aceptar cousas que son inaceptables. E de Galicia xa non falo, porque para que.
É incrible como cambiou a miña perspectiva, e como xa non tolero certas situacions. Non falarei de politica, que xa me chegou, pero si que podo dicir que dende hai unhas semanas cada vez teño mais claro que non teño fogar fóra desta miña habitacion en Edimburgo, e fóra de casa de meus pais.
Non son española, nin galega, nin escocesa, nin nada… Que situacion e que sentimentos mais desagradables. Como é posible que ainda haxa xente que apoie ó PP despois de averiguar todo o que se averiguou? É que Galicia esta contaxiando ó resto de España? Mean sobre nosotros y decimos que llueve!
En fin.
A universidade vai ben, maña teño un exame de frances e logo marcho para Dundee co meu mozo. Ando moi cansa e estresada, a semana que vén irei ó medico, porque estiven pasando por unhas semanas con moito estres, e teño incluso ocos na memoria, cousas que non lembro, en determinadas situacions. Asi que irei ó medico.
Tamen estou pensando en deixar o traballo. Estou esgotada, demasiado cansa para nada, para falar incluso. Por iso estes catro dias en Dundee sen facer nada vanme vir moi ben. Media hora tumbada sen facer nada é un luxo nestes momentos da miña vida. O bó é que non estou soa, e que cando preciso dun anaquiño de tranquilidade, P esta ahi para compartilo. Falamos da miña primeira viaxe a Kristiansand en xaneiro. Xa se verá, you never know…

O meu galego fede, e o meu castelan fede un pouquiño tamén. Sintoo. Vivir no estranxeiro é moi dificil, incluso nestes tempos modernos. Ás veces non sei falar ningun idioma de puro esgotamento mental. Pero sei dicir gracias en noruego! Takk, P!!