Anotacións do mes November, 2009

Thursday, November 12th, 2009

Ando a escribir outra vez. Escribin isto hai uns catro días. P axúdame coas súas criticas, pero eu só escribo porque teño que facelo, non porque queira ser unha boa escritora. Ainda asi, agradezoas, porque axudanme a comprender e a expresarme mellor. Tamén estou practicando a escribir en inglés. Hai case un ano xa que viñen para aqui, e ás veces, ainda que con erros, éme máis doado escribir en inglés que en castelán ou en galego (pero só ás veces!!).

Ponytails

Lola’s ponytail collects whispers
left behind by dark skinned lovers
who come from foreign countries
just because of the smell of her hair

It smells like cinnamon mixed with a bit of lavender
It smells like sex in the morning and dinner at six
It smells like the far, far skyline seen from my window



(when I try to sleep)

Lola’s ponytail drops drops of coca-cola
on her dark skinned lovers
and talks to the pillow
when she has an orgasm

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Wednesday, November 11th, 2009

Estar nunha relacion cunha persoa de diferente cultura é dificil. Non o parece visto dende fóra, pero é moi moi complicado.
Cando comezas unha relación todo é bonito e rosa, e todas esas cousas. Pero cando pasa un tempo, sempre comezan a aparecer as pequenas cousas negativas. Se estas xa son dabondo entre duas persoas do mesmo pais, imaxinade cómo serán entre dúas persoas de diferente cultura.
Primeiramente, nunca sabes se esa cousa que tanto che desgusta é realmente un “defecto” ou sinxelamente unha diferencia cultural. Isto é terrible, porque fai que seas consciente de que a outra persoa está a pasar polo mesmo. E cando tentas suavizar un pouco esas diferencias culturais, descubres que estás sendo outra persoa. Todo ten que solucionarse falando e falando, e explicando os porqués da máis miúda cousa. Pero claro, isto tamén pode ser un problema: o idioma.
Por moito que empreguemos o inglés, P e mais eu ainda atopamos moitos malentendidos. E precisamente porque esperamos que o outro membro da parella xa non faga certos erros, deixamos de consideralos erros.
Despois temos esas pequenas rutinas que son normais para nós e completamente diferentes para a outra persoa. O problema aqui é que nin sequera sabemos que son diferentes.
Para min unha das cousas mais dificiles agora é respetar a individualidade de P. Eu agora sería unha persoa (penso eu) considerada bastante independente en España. Fago a miña vida, e deixo que a miña parella faga a súa. Aquí iso esta ainda mais marcado. E de Noruega xa nin falo! Asi que aqui son dependente, e teño que traballar moito niso. Tamén é moi raro para min non poder ter certos xestos con P en público, porque estos xestos están tan dentro de min que nin me decato: collerlle a man, facerlle un agarimo… etc. Cousas que en España serían do máis normal, aquí non o son. E xa me advertiu que en Noruega non podía bicalo moito. Isto fai que eu me sinta en tensión en moitos momentos.
Así que por agora facemos pequenos tratos. Decidimos deixar de ser educados ó estilo británico porque as nosas tomas de decisions eran eternas: “Onde queres ir?” “Tanto ten, onde ti queiras” “A min tanto me ten” e asi ata o infindo. El sabe que cando esquezo dicir gracias ou por favor non estou sendo maleducada, e eu sei que cando comeza a criticar algunhas cousas das que eu nin me decatara (nun restaurante, no bus…) é só parte da súa cultura.
O do idioma é o máis divertido agora, polos erros que facemos e pola especie de dialecto que estamos creando para falar entre nós. Xa recoñecemos expresións e formas de falar que outra persoa non entendería. O meu acento cando estou cansa é horrible, e él ás veces transforma en inglesas palabras en noruego. Pero xa estamos afeitos. E incluso entendemos a linguaxe corporal do outro! Si, a linguaxe corporal é completamente diferente. O xesto que eu fago coas palmas das mans cara arriba e encollendo as ombreiras cando penso “que pasa?” para el era descoñecido. Tamén abrir os brazos para dar unha aperta. A cara é o mais divertido, porque eu estou sempre movendo as cellas e a cabeza (iso é o que di el) pero el semella unha estatua, e só cando está preocupado fai como un movemento coa sua cella esquerda.

Estas son pequenas cousas que a xente pode imaxinar cando fala de parellas internacionais, e moitas persoas non saben que detras dunha relación así hai moitísimo traballo de parella!