Anotacións do mes February, 2010

Monday, February 1st, 2010

Habia ben tempo que non escribia nada. Ando moi moi enleada con moitisimas cousas diferentes. Foi un Nadal un pouco terrible por mor do mal tempo, e logo pasei unha semana en Noruega. Agora estou estudiando moito, e mudei de piso. O meu mociño decidiu voltar a Noruega en agosto para ficar ali durante un ano e facer un curso. Eu terei que estar aqui ainda dous anos mais para rematar o meu.
Non son a persoa mais animada do mundo nestes momentos. Ás veces penso se a vida baldeira que tiña na Coruña non era mellor que esta, chea de compromisos e problemas. En fin. Voltarei a escribir mais adiante, cando sexa quen de mirar ó meu mozo e non chorar despois.
Preguntoume se estaba arrepentida de telo coñecido. Pobriño, sentese tan culpable. E eu entendo esa sensacion porque eu tamen deixei cousas atras cando marchei, asi que por un lado intento disimular, pero polo outro sintome un pouco esnaquizada, toda eu.
Di que quere seguir adiante con isto, que quere que pase o nadal con el en Noruega, que isto, que aquilo… e a min gustariame non ser tan visceral e seguir tendo a ilusion de hai uns anos.
Oxala crese en deus, porque enton poderiame meter a monxa. Ando algo fartiña desta vida de supervivencia. As cousas non van mal para nada, pero eu son como son.