Anotacións do mes March, 2010

Wednesday, March 31st, 2010

Neses dias nos que só a musica é quen de facer que te poñas en pe, Silly Wizard sempre esta presente.
Ando a escoitar agora esta cancion. Gutame moito, e gustame a mestura de instrumentos e de cancions, e sobre todo gustame iso que transmiten só os bos músicos. Non sei se alguen mais o sinte.

Un dia Petter e mais eu entramos nun bar e na jukebox tiñan esta cancion. Foi moi bonito aquel momento, porque as fiestras eran enoooormes (chegaban ata o chan) fóra chovia e nos estabamos coa nosa cervexa escoitando a Silly Wizard tirados nun sofa.

Sempre quixen escribir sobre unha cancion deles en concreto, non sei se o fixen xa, pero ahi vai outra vez, porque hoxe estien escoita que te escoitarei outra vez e sigo desfrutandoa coma sempre.

Esta é a version que aparece no seu disco So many partings. Notase que é de estudio polo perfecto do son, e por certa seriedade que se pode percibir ainda que a cancion é animada. Tamen se ve como cambian as partes e os ritmos e como xogan con eles. Gustame esta cancion especialmente porque semella sinxela, unha cantiguiña basica. Pero non!

E ista é a versión que aparece no disco Live Wizardry. En directo, e que directo! Teño que dicilo: A cancion mola! pero moito! E si, xa ten ese son de pub, de musico experto e que o pasa ben tocando. Notase que o pasan ben! E como van acelerando o ritmo, e como, en realidade, FAN musica. Como comeza a cancion, como colle ritmo, como seguen a xogar cos cambios de cancion e como conseguen ter ese aquel!

Sunday, March 28th, 2010

Un ano e tres (case catro) meses dende que cheguei, e é agora cando estou comezando a ver algo de luz. En todo este tempo, o que puido ir mal, foi mal. Di a miña amiga Lola que a vida é asi, e eu decidin pasar de todo. Por agora a estratexia funciona.
Atopei un traballiño por horas limpando casas, e comecei a semana pasada. Maña teño unha entrevista para traballar para a universidade. Estou nerviosa e algo arrefriada, pero espero que vaia ben! Isto de non ter cartos é realmente terrible, non teño nin roupa case! Pero estoume volvendo algo enxeñosa para atopar gangas e a cousa vai mellorando.
Son moi moi feliz na universidade. Gustame moitisimo, é xusto ó reves de cando estudiaba na Coruña, aqui si vexo os resultados do meu traballo. Non sei se ten que ver coa actitude ou co sistema educativo, pero estudiar aqui é ata divertido. As instalacions que ten a miña universidade son incribles, e eu podo botar a maña ali sen decatarme e descubrir que teño o traballo feito. Tamen é certo que me sinto moi motivada para estudiar o que estudio, e non é un grande esforzo.
A miña vida social é terrible. Aqui é dificil tela, é dificil pasar desa amizade superficial coa meirande parte da xente. Eu desfruto moito dos pubs e de tomar pintas arrodeada de xente, pero non me gusta sair só coa idea de coller unha chea brutal (porque aqui as cheas que colle a xente son impresionantes). Como tampouco teño moitos cartos, se saio tomo unha cervexa e xa esta. Supoño que iso non é divertido, pero bueno, como dicia ó comezo da anotacion, xa me da igual. Eu estou aqui para estudiar e iso é o que estou a facer.
Faime gracia cando coincido con españois que levan tempo aqui. A interaccion basease nun pulso para demostrar o moito que saben, o pouco que se xuntan con españois e o integrados que estan. E eu decidin en Madrid que o meu tempo era tan importante coma o de calquera, asi que prefiro agardar un anaquiño e logo marchar dicindo que teño cousas que facer.
Asi é a miña vida social aqui! Onte recibin unha mensaxe dunha compañeira de clase para que fose tomar unha pinta con eles. E ala fun. E o sitio era como o puto Orzan, sen perdon. A puta merda do Orzan en Edimburgo! Que ata puxeron a Britney Spears! E a xente veña a bailar, e eu que aborrezo bailar, ali estaba nun recuncho, bebendo rapido a ver se podia marchar.
Lendo todo isto pode parecer que me sinto algo amargada, pero podo prometer que non é asi :) Sinxelamente estou un pouco adaptada a vida que se me esixe. As miñas migrañas non axudan, pero eu estou moi contenta igualmente. Gustame este sentimento de independencia, e si podo dicir que aprendin mais da vida nun ano e tres meses que en toda a miña vida anterior.
Penso que vivir no estranxeiro fai que cambies moito, xa non solo polas rutinas, senon polos milleiros de perspectivas coas que aprendes a ollar.
Petterciño marchou antonte para Noruega, vai pasar ali uns dias. Levou unha bolsa de chourizos para a familia, que gostan moito deles. Vaime traer queixo noruego a cambio, que esta boisimo! En abril vai solicitar praza para marchar para ali o vindeiro ano. Eu xa non me sinto triste, non podo. Vainos tan ben que é dificil pensar que vai marchar daqui a uns meses. Pero é o que hai, e non paga a pena pensar en nada nin facer nada.

Aly Bain e cousas

Sunday, March 14th, 2010


Macaco (Con La Mano Levantá) Music video from rafacalleja on Vimeo.

Achegase o veran. Isto xa esta cheiño de turistas!
En mes e medio teño vacacions. Moitos meses! Teño ganas de ir á aldea. Petter di que vai vir comigo, a ver se é verdade. Quero que probe o licor café da Repi!
Na universidade as cousas van moi ben! A ver como van os exames, que é o que peor levo sempre. Polos nervios.
Ando mais contenta ultimamente. Igual comezo a traballar a vindeira semana, a ver. Non teño cartos! É terrible, pero nadiña nadiña! Pero hei dicir que xa podo morrer de fame, que ó aeroporto non volto nin tola!
Hai unha tenda de musica aqui que me gusta moito. É todo música folk, hoxe estiven e tiñan a Mercedes Peon entre outros! Quero mercar todolos discos de Silly Wizard pero son moi caros!
Hai uns días vin unha reportaxe da BBC no que Aly Bain, un fiddler de andar por casa (moi moi bó, por certo!) se xunta con Nicola Benedetti (unha violinista clasica moi boa, pero na miña opinion moi pija). Falan do violin, dos seus comezos con el… etc. É interesantísimo, e comparto moito a vision de Aly Bain. Cando Nicola Benedetti falaba dos exercicios que ela tiña que facer na súa escola de musica lembrei o horrible conservatorio da Coruña, no que estudiei eu. E pensei canto idiota hai dando clase e leccions maxistrais de como a musica clasica é a única vía. E ali estaba o señor Bain, dando leccions ainda mais maxistrais de como na musica non hai nunca un unico camiño.
A ligazon ó programa (Nicola Benedetti met Aly Bain) xa non esta dispoñible, pero deixo esta outra que fala del.


Este video é o primeiro de varios. Aly Bain e Phil Cunningham (grande!) son parella musical dende hai moitos anos. Encantame estar aqui en Edimburgo ás veces, no medio de toda a música. E ainda me gusta mais o acento escoces! É tan tan bonito!