Anotacións do mes July, 2010

Sunday, July 25th, 2010


Friday, July 16th, 2010

Un amigo irlandes envia unha ligazon, e eu compartoa :)

http://corunna.yolasite.com/
Son o equipo da Corunha de futbol gaelico!

Wednesday, July 7th, 2010

Ás veces sinto que son como unha especie de nai para os meus amigos. É un sentimento moi bonito, pero tamen algo duro. Canto mais tempo pasa mais me vexo como a miña nai, que sempre esta ahi, en pe, disposta para axudar a todo o mundo.
En quen me podo apoiar cando non podo co peso dos problemas que hai ó meu redor?
Novo pais, a universidade, o traballo, o mozo, os amigos que estan lonxe, os amigos que estan perto, a vida social, o piso, a compañeira de piso, as migrañas… Pero ainda con todos os problemas, sintome feliz coa miña vida. Pero faime moi infeliz ver que os meus amigos de verdade o estan a pasar mal.
Petterciño dicia hoxe que non son problemas, que é a vida.
Para a vindeira semana chegarei a Coruña, a pasar un tempo coa familia e con amigos. Desta volta non poderei parar en Madrid, pero estou aforrando para ir no nadal. A ruta de nadal pasara por Noruega (se as cousas seguen ben) e por Madrid, para estar en Coruña un par de semanas. Isto de vivir fóra é complicado, porque sinto que nunca teño vacacions. Sempre estou de visita!

Boto en falta a universidade, teño gana de que comece xa. No primeiro trimestre teño un modulo que non me gusta naaada (Business management challenges ou algo asi), pero sei que me vai vir ben.
Teño que falar de como funciona a universidade aqui algun dia.
Na universidade estudio frances e ingles. Tamen ando co noruego, pero iso xa é cousa miña. Jeg er student!
Marcho pra cama, que non estou a durmir nada estes dias!