Anotacións do mes August, 2010

Monday, August 9th, 2010

Merdaaaa! Eu marcho o 16, e ven Lunasa a Espanha o 19! Arghflx! Sempre igual!

Friday, August 6th, 2010

Estou na Coruña estes dias, viñen o dia 14 do pasado mes. Gustoume chegar, A Coruña medrou moito, e esta moi bonita. Petter veu tamen, marchou para Noruega o dia 21, pero poidemos ir ó castelo de San Anton e á Torre de Hercules. Houbo visita á Repi tamen, claro!
Agora ando algo a modo, porque tiveron que operarme da vesicula (xa non teño vesicula!), asi que menos mal que comin un churrasco hai duas semanas, porque agora estou a dieta de graxas. É duro ver tantos chourizos e non poder comelos!
Teño moitas ganas de voltar a Edimburgo, boto en falta a miña casa coas miñas cousas, pero é bó estar aqui tamen. Fixemos unha parada moi pequena en Madrid para coller o avion para Coruña, e foi xenial voltar. Asi que estou pensando que igual vou para Madrid un tempo, cando remate o degree.
Comezo as clases o dia 6 de Setembro, xa sera o meu segundo ano! Non pasan os dias, teño moitas ganas, especialmente porque volvo estar chea de ganas de pasalo ben e de coñecer xente. Tanto tempo fóra fixome esquecer un pouco como era eu.
Maña tocan Gwendal e Kepa Junkera na festa da Carballeira, dame tanta rabia estar aqui e estar perdendo tantas cousas!
Cando volva a Edimburgo teño pensado preparar unha anotacion falando das universidades en Escocia, de como se estudia ali.

Por outra banda, dame magoa voltar a Galicia a tempo para ver como Vieiros e Chuza desaparecen. Pero tamen hei de dicir que cada vez escoito mais xente falando galego! Pero non podo analizar nada, porque non vivo aqui xa e estou moi desconectada da realidade galega. O unico que podo engadir é que é unha magoa perder dous medios tan importantes e sobre todo tan necesarios.