Anotacións do mes October, 2010

Saturday, October 23rd, 2010

Venho de ter un pesadelo. Que gracia. Digo que gracia porque é un pouco a antitese dos meus verdadeiros sentimentos, e coido que por iso o tiven. Soñei que o meu ex mozo pasara a noite cunha rapaza e non mo queria contar, pero cando o facia eu me sentia tan mal, tan angustiada e traizoada! O caso é que ten gracia porque a estas alturas da miña vida tanto me ten. Paseino mal unha semana, e despois tan pancha. Por iso me parece que o meu corpo é bastante cinico.

Pero é que me da tan igual! Xa non espero nada dos mozos. Por que non poden facer as cousas ben? Desta volta P veu de visita polo meu cumpreanos, con tarta e todo. Falei con seus pais, e todo ia ben, e de repente zas! soltouno. Que fermoso agasallo de aniversario. O peor é que non me sorprende nadiña, e teño demasiadas cousas que facer como para perder o tempo con alguen que non me quere.

Curioso e bastante agradecido que a vida nos faga a todos resistentes a algunhas cousas. Algo bo tiña que ter facerse vella!