Anotacións do mes November, 2010

Saturday, November 27th, 2010


Friday, November 26th, 2010

Xa case rematei os meus exames, so me quedan dous por facer. Un deles é moi dificil :(
O martes foi a miña derradeira clase de bodhran por este ano. O profe di que o ano que ven vai dar mais clases, asi que seguirei. Seica é medio famoso porque esta no Celtic Connections como convidado!
Perdin o Celtic Connections do pasado ano por mór do traballo, pero o luns fun algo mais previsora e merquei entradas. Quero ir ver moitos artistas, pero non podo deixar pasar á Banda das Crechas tocando con Alasdair Fraser e Natalie Haas. Ainda non o creo! Hoxe recibin os boletos, o concerto é en xaneiro. Non coñezo Glasgow moito, pero o concerto non mo vai quitar ninguen!!!! Unha foliada con Alasdair Fraser, quen me ia contar que o ceo estaba en Escocia?

Canto mais tempo paso aqui mais leda estou. Por fin tras moito tempo estou camiñando paseniñamente pola musica tradicional. Sempre houbo prioridades na miña vida, e a musica é unha delas. O caracter escoces é acolledor e eu estou coma na casa. Pensaba en irme para o norte de Europa ou Londres, pero Escocia é coma esa Galicia na que eu sempre quixen vivir.

Seguen a ser tempos moi duros e meu pai recibiu un transplante hai uns dias. Creo que nunca tiven tantas sensacions á vez, e se non fose pola santa da miña nai que estivo ó telefono comigo cada pouco tempo, non sei se os meus nervios terian aturado a situacion. Moi moi dificil. Pero bueno, o meu paiciño esta recuperandose e hoxe ata puiden falar con el!

Hai uns dias recibin un correo dunha editorial, pedindo permiso para publicar un anaquiño do meu blogue nun dos seus libros de texto xunto con exercicios de comprension. Un grande honor para este blogue que naceu e morreu tantas veces :)

P anda en Noruega, penso que non moi ledo. Seguimos en contacto, e eu botoo moitisimo a faltar. Pero estou ben. E el tamen.

Agora vou preparar mais te! Que frio!

Agustin Fernandez Paz

Tuesday, November 16th, 2010

Veño de ler isto.
Este home é un dos meus escritores preferidos. Ainda cos 27 anos que teño, desfruto de tódolos seus libros coma cando tiña 15. Un dia ata recibin un correo co primeiro capitulo do seu novo libro por aquel enton, foi un honor.
A ligazon fai que teña ainda mais ganas de coñecelo. Bravo por Agustin.

Tuesday, November 9th, 2010

Ando lembrando hoxe o inverno galego. Esa xornada de noite a noite no traballo, o frio e a choiva. A humidade! As mareas vivas, o vento nos Rosales. O frio galego é un frio de cocido e caldo. No inverno galego non presta só tomar un te a carón da fiestra, fan falta chourizos!

O inverno escocés é complicado. Sempre chove dalgun xeito, ou ben orballa ou ben arroia, non hai un punto medio. Pero a choiva é constante.
A humidade é moi fria. Notas o frio entrarche na pel e no cerebro! O unico que ofrece algo de consolo é unha boa cunca de te envolta nunha manta vendo chover. Non queres saír á rúa, só queres estar na casa lendo, e con moitas reservas de te.

Hoxe o Tempo di que estamos a 5ºC. Eu diria que nestes momentos estamos a 2ºC. Estou na casa coa calefaccion a tope, pero ainda asi a humidade xeada fai que as miñas mans tamen o estean. E nun anaquiño terei que sair á rúa a coller o bus cara a miña clase de bodhran.

Fai un frio do carallo!