Martes,15 Xaneiro, 2008 by
arduina
Hoxe son eu a que pode dicir “o amor que me gardabas, fuxiu de ti, rematou”. Ten que haber unha primeira vez.
Foi bonito. Todo novo este ano, incluida a vida. Ainda que a vida nestes momentos non pague a pena. Só espero que isto se poida arranxar dalgun xeito, porque a verdade, non me vexo no futuro soa en Madrid.
A cousa pinta moi mal, sintome de usar e tirar. Pedin o dia libre no traballo, se cadra unha esaxeracion para quen non o esta pasando mal, pero algo moi necesario para quen sí.
Realmente todo me da bastante igual. Voltara esa etapa de non sentir nada, pero polo menos agora sei que podo querer moitisimo, ainda que eu non sexa correspondida.
Pecharei o blog algun tempo se todo vai coma parece que vai (poida que me equivoque).
Escrito en Cousas inclasificables |
Martes,15 Xaneiro, 2008 at 1:02 pm
Pero, nena, que pasou? Espero que ao final todo saia ben. Se non, xa sabes onde tés unha árbore baixo a que agocharte ata que pase a mala época.
Un bico forte.
Martes,15 Xaneiro, 2008 at 3:19 pm
Vese que as cousas ian ben so para min. Agora si que sei o final da historia, e a historia rematou.
Non sei nin como estou, sintome soa en Madrid, a xente que coñecin foi a traves del, asi que non sei que farei ó sair do traballo por exemplo.
Estou jodidisima, creo que nunca estiven tan tan triste. Realmente non sei que facer co piso, nin coas suas cousas, nin onde irei os sabados á noite, porque todo me lembrará a el. Nunca quixen tanto, e nunca me mancaron tanto.
Gracias polos animos
Mércores,16 Xaneiro, 2008 at 9:14 am
Non sei que dicirche, non teño experiencia neste tema. Pero si que sei que na vida todo pasa, sobre todo, as malas épocas. Déixate levar un momento pola tristeza, pero só un momento, para gastala nada máis e despois sae á rúa coa cabeza ben alta e cun sorriso, xa verás como pouco a pouco todo volve ter sentido.
Biquiños.
Venres,18 Xaneiro, 2008 at 7:00 am
[…] O Recuncho: Hoxe son eu a que pode dicir … http://orecuncho.com/?p=1015 […]
Venres,18 Xaneiro, 2008 at 7:18 pm
…nesta esta esquina a xente respira o aire frío que chega do nordés e transformao en cálido alento dirixido á capital estatal… recolleo todo!!!
:)
Venres,18 Xaneiro, 2008 at 11:16 pm
Graciñas
A verdade é que estou leda de non estar peor, via o futuro moi negro, equivoqueime.
A vida é estupenda!