O Recuncho

Anotacion arquivada

Luns,11 Febreiro, 2008 by arduina

Levo tempo pensando se escribir isto ou non, e decidin que si. Porque sí, estou triste, pero tamén estou a camiñar cara adiante. E isto foi un paso enorme.

Cheguei tristiña á casa. Os meus pais marchaban, e sentia especialmente a soidade e a inseguridade mallando en min. E pola miña cabeza pasaban unha e outra vez as derradeiras palabras do meu ex, aquelas que me mancaran tanto, que fan que me sinta unha merda de muller.
Decidín saír. Sabado á noite na casa? Non, esa non son eu.

Liguei, e non foi cun vello nin cun borracho, a cousa vai mellorando :D
Dende a 1 da mañá ata as 5 falamos. Ás veces atopas a alguén co que queres falar sen parar, e escoitar sen parar. Todo o que conta é interesante, todo está cheo de coincidencias. Falamos moito, fun sincera, espinme falando, non sei por que: os meus soños, o meu pasado, o meu futuro e o meu presente. El respostou de igual xeito. Os dous buscabamos o mesmo. Independente el, independente eu. Solteiros por moito tempo, e disfrutando de selo.

Huertas. Lemos a berros os anacos de literatura que hai no chan. Recitamos La canción del pirata á vez. Falamos de procesadores, de programación, de videoxogos. Sentamos nun banco e rimos moitisimo, coma habia ben tempo que non rira.
Bares, Chimo Bayo, práctica de portugués cun rapaz nun pub.

Ás seis de súpeto bicoume. Foi un contacto alleo, raro, inesperado. ¿Que beizos eran aqueles que me bicaban? ¿Por que o facian sabendo a miña situacion?

Vinme a través dos seus ollos. Vía unha rapaza cun bonito sorriso, que podia falar e falar catro horas seguidas sen aburrir. Que facia rir. Que tiña ganas de vivir, e que morria por facelo. Que bailaba a Chimo Bayo e que cantaba a Serrat a berros polo medio de Sol. Vin todo o que Jorge non via en min e por tanto, do que eu cria que carecia. ¿Por que estaba triste habia unhas horas? ¿Por que pensar que non pago a pena?

Asi que correspondin. E o bico foi longo, non deses que se lles dan a descoñecidos nas discotecas e que eu aborrezo. Tiña tenrura e cariño. Canta falta me facia a min o cariño esa noite! Que agradable era que me dixera de cando en vez o bonita que eu lle parecia. O tempo que levaba sen falar asi con alguen.
Bicamonos por moito tempo. Os dous queriamos bicar e ser bicados, só iso.

Acompañoume á miña casa, e foi un deica logo.

Moita xente dicia que a miña ruptura era o primeiro dia do resto da miña vida. Non. O primeiro dia foi onte. O dia no que me sentin unha muller interesante, chea de cousas para dar e de ganas para recibilas. Con moitisimo que contar, cun sorriso permanente. Descubrín tamén que esa muller sabe seducir cando quere, que xa non é unha nena que se deixa querer e vai a por todas.

Esta sí é a nova María. Medrei de golpe, veume ben. Se antes cando recibia unha labazada da vida só queria agocharme, agora só quero tirar para adiante.

O primeiro paso. O primeiro día.

Escrito en Cousas inclasificables |

6 valentes

  1. A dorfunteca » Quick News Flagged Articles dí:

    […] O Recuncho: Levo tempo pensando se escribir isto ou … http://orecuncho.com/?p=1033 […]

  2. dorfun dí:

    …facía tempo que non lía algo cescrito co alma nun blog… grazas…

  3. Arduina dí:

    Gracias dorfun.

  4. Blanca dí:

    Eu sou espanhola, e, procurando coisas em língua portuguesa para aprender, encontré esta página. Só posso dizer: precioso. Muito obrigada por tuas lindas palavras, um prazer :)

  5. ghanito dí:

    Ola!
    Desculpa por ter desatendido o teu feed (4 meses!).
    Vexo o moi mal que o pasaches e lamento non ter estado para mandarte apertas gratis eu tamén.

    O que non entendo e que ninguén te puidera facer pensar que non tiñas un bonito sorriso. Que el non teña ollos na cara vale, pero ti non tes espellos na casa?

    E que é iso dos vellos e os borrachos? Ruliña, decididamente Madrid acabouche co siso!

    E aledome moito de que esteas xa mellor .

    Biquiños :*

  6. Arduina dí:

    Ola Ghanito!
    Non pasa nada, non te preocupes :)
    Cando o teu mozo te di varias cousas e ningunha de elas é bonita, por moito espello que haxa, custa cre-lo contrario.

    Moitas gracias por vires, e polas apertas. Por sorte xa estou mellor, ainda que non ben de todo (agora estou na fase de fuxir dos homes). E si, Madrid volveume toliña, jaja! Pero é que xa estaba algo mal da cabeza na Coruña :D

Contame algo:

Ollo: Estou a vixiar o que escribes, jaja. Se ainda non ves o teu comentario non te preocupes.