Non escribo nada, teño tanto que facer que cando remata o dia penso que non houbo novas. Pero houbo!
En Xaneiro fixo dous anos que vivo en Edimburgo.
Tamen fun ver por vez primeira a Alasdair Fraser en concerto! Coa Banda das Crechas! Foi algo incrible! Tenho visto a Gwendal, Jethro Tull, Eric Rigler, Kila, La Frontera… Nada do que sentin enton achegase á emocion que sentin cando vin a Alasdair Fraser diante de min. Escoitar a sua voz que tantas veces escoitara nos discos que teño, o seu violin que me daba forzas cando eu só era unha persoa triste na Coruña. De supeto ali estaba eu en Glasgow vendo ó home que me dera tanta forza.
Logo tocou a Banda das Crechas, que me encantou. Gustoume moitisimo, e sentinme tan perto de casa! Os pobriños intentaban facer que a xente se movese, e eu berrei un par de veces como se fai nunha maldita foliada e a xente do meu redor case me mata co ollar. Tamen berrei “outra!” pero vin a miña morte tan perto que tiven que calar :(
No descanso vin a Alasdair Fraser no bar, e a xente falando con el e el todo ledo falando coa xente (ós musicos escoceses, ós de verdade, encantalles falar co publico). E eu quedei sentadiña, completamente paralizada, non me podia mover!! Estaba moi emocionada por todo, por ter marchado da Coruña, por escoitar ese violin que tantas lembranzas traia, pola musica galega tan perto e tan lonxe, por ese Glasgow que xa non era alleo.. É dificil de explicar, pero cando levas fóra da túa terra tanto tempo estas afeito a outro tipo de vida que tamen é a tua, e de supeto veñen todas esas lembranzas e sensacions. En fin, que foi moi bonito, e ó remate quixen ir saudar pero tiña que coller o tren de volta a Edimburgo e era o último do dia, asi que marchei a fume de carozo.

E aqui de volta na capital reuninme co meu novo mozo. Agora saio cun escocés. Xa sei que non aprendo e todo iso, pero que lle vou facer. A cousa comezou moi lixeira, a min tanto me tiña. Agora xa levamos case dous meses saindo xuntos. Non é o mesmo, nunca sera o mesmo que en todas as miñas anteriores relacions porque paso de todo, e se teño que ser sincera conmigo mesma, ó final do dia só busco alguén que me faga compaña. Vainos ben e ainda que me alporiza de cando en vez xuro que nunca foi tan doado estar nunha relacion. A distancia faime ver todo con perspectiva, e ainda que boto en falta a Petter a nosa non era unha relacion sana. Se cadra só me van as cousas destructivas, que sei eu.
O caso é que durmo quentiña e contenta. Jim faime rir, imos xuntos a sesions de musica tradicional e el mesmo é musico. Gustanos a boa cervexa, pero el é mais de falar e eu mais de facer.
Que si, que as vou buscando!

Deixar un Comentario