Xa estou case rematando o curso. 3 anos e pico aqui, quen o ia dicir!
Ando a estudiar moitisimo, case non saio pero estou leda, ando a traballar para a miña universidade e a facer isto e aquilo. Gustame moito a miña vida aqui ainda que ás veces poñome algo morriñenta. É o prezo de vivir aqui, penso eu.
Os meus pais xa estan aceptando que non vou voltar a vivir a Galicia e andan concentrados en arranxar o piso dos meus avos en Lugo para telo algo amañado. Ó cabo, a nosa familia esta en Lugo e sempre que vou imos a Lugo a visitala. É o piso das miñas boas lembranzas :)

Cambiei moito moito, ás veces penso que sigo sendo a mesma.
O meu mociño e mais eu mudamos de piso pronto, atopamos un a moi bo prezo e con xardin!. Fomos á voda do seu irmán hai un mes tamen, foi moi divertido, nunca estivera nunha voda fóra de España. Estaba moi guapo no seu kilt, e a sua familia acolleume moi ben. A súa mai coida de min, dixolle o outro dia que como a miña familia estaba lonxe ela queria ser como a miña mai aqui. Non é bonito?
Bueno, eu viña dicir que caso.
Nunca nunca na vida pensei que casaria. Ás veces pasabame pola cabeza unha idea lonxana, pero era algo mais unha fantasia que outra cousa, era moi inmadura e egoista daquela. Lembrome moito daquel mociño que tiven na Coruña, oxala puidese dar volta atras no tempo e non ter mancado tanto a boas persoas coma el. E oxala tivese enton as ganas de vivir que teño agora, enton mandaria á merda a moita xente e non teria aturado certas cousas.

Jim e mais eu levamos vivindo xuntos xa case un ano, comezamos a sair xuntos asi de casualidade (si, si, porque eu queria estar ó meu aire, estaba farta) e o seu compañeiro de piso era un porco, asi que quedabase a durmir na miña casa (Jim, non o porco!) case todolos dias. Co tempo, o seu contrato de aluguer rematou, e o meu tamen, no mesmo mes. Asi que decidimos vivir xuntos. Non era tanto cambio.
Un dia, nun cumpreanos dunha amiga dixo “we should get married”. Ou o que é o mesmo, “deberiamos casar”. Eu decateime enton de que casar tiña senso, queriao moitisimo e descubrin que a parella “Jim e Maria” era unha realidade, que eramos unha verdadera parella! Sen o drama das miñas relacions anteriores, de supeto souben que el era a persoa coa que eu queria facerme velliña. El dixo que queria darme un anel (aqui o tema de estar comprometido é bastante formal) pero dende aquel momento soubemos que iamos casar. Non lle quixo dicir nada a ninguen ata darme o anel, pero como somos pobres e a min o das xoias non me vai nadiña, o 1 de maio decidimos comunicalo “oficialmente”. A sua mai esta feliz, e non penso que ninguen de entre os meus amigos se sorprendera. Os meus pais coñecerano en xuño, pero penso que non me cren ainda. Din que na Coruña durmimos en habitacions diferentes, jaja. Con case 30 anos que teño!

Remato os meus tres anos de carreira en duas semanas, pero hei facer o cuarto ano tamen (os Honours que se lle di aqui). En xuño do ano que ven sera a miña graduacion, e despois diso, en canto xuntemos cartos sera a voda. Temos moito que planificar, o idioma, o sitio… Eu teño claro que quero casar cun traxe galego, coa saia verde escuro e o mantelo negro, e un dengue negro. Estar lonxe da casa estudiando as culturas dos outros faime pensar na miña propia, e eu son e serei galega. Pode que non siga a definicion de o que é ser galego (xa sabedes, retranca, morriña, estar na casa como en ningures, morrer pola terra…) pero é o que eu son. E ademais hai tempo que deixei de dicir “medrei na Coruña pero a miña familia é de Lugo” e agora digo que son da Coruña ou de Lugo, dependendo do que me cadre. Tanto me ten, a quen lle importa?

Nunca nunca pensara que ia atopar a alguen ó que querer deste xeito. Non é tolemia, nin resignacion, nin namoramento, nin nada que eu sentira antes. É algo diferente, moi moi profundo, coma un sentimento de complicidade e entendimento entre os dous. Con el son eu mesma, ergome cada dia querendo ser mellor persoa para facelo feliz porque o quero moito. É moi raro, eu sempre defendendome de todo, agora encantada con isto. Pero se cambiei tanto ou non a min dame igual, eu o que quero e ser feliz. Xa vai sendo tempo de deixar o pasado ben atras, gustanme o presente e o futuro.

Vou poñer unha foto do Jim para que vexades o riquiño que é. Ten o ollar mais sincero e amable que vin nunca.
Jim

4 Comentarios en “”

  1. emereci Dixo:

    Parabéns, María. Que ben, lerte tan feliz!

  2. ictioscopio Dixo:

    Súmome aos parabéns de emereci :)

  3. Arduina Dixo:

    Moitas gracias! E moitos bicos, hai moito tempo que non vos vexo!

  4. Arduina Dixo:

    Non sei que lle fixen o blogue que non me acepta o contrasinal! tentei un milleiro de cousas para arranxalo pero nada, asi que igual tenho que mover todo a outra base de datos e o carallo. E non tenho tempo :(

Deixar un Comentario