Estamos na Coruña. Chegamos onte.
Os meus pais e o Jim levanse ben, é unha sensacion moi rara isto de ter ó Jim na Coruña. Fomos tomar unhas cañas e o rapaz do bar, galegofalante, dirixiuse a min en castelan, e eu estaballe a falar en galego! Tento empregar o galego moito cando estou aqui porque estouno a esquencer e a mesturar moito co portugues. Preguntaba miña nai onte se eu pensaba en ingles, e o certo é que penso en galego moitas cousas! A miña cabeza sempre foi unha mestura rara de galego e castelan, pero con tanto estudio de idiomas sinto como se o cerebro estivese a reiniciarse, e volve á linguaxe primordial para min, que é o galego, a primeira lingua que falei. Sobre todo para os nomes das árbores ou dos peixes, das froitas… etc. Saeme a palabra antes en galego e custame lembrala en castelan. Non ten xeito, eu non llo vexo pero bueno, a cabeza fai cousas raras.
Preguntabame Jim por toda esta historia de amor e odio entre os galegos e o galego, e é tan dificil de explicar! Todo o que a cultura lingüistica galega trae detras… Asi que conto isto e aquilo para que teña unha idea xeral, e deixoo ler cousas sobre o tema. Hoxe dixo que agora entendia o porque do meu amor polo gaelico, di que a situacion do gaelico lle lembra á do galego. E falando disto conteille que me frustra moito ás veces non o poder falar, botoo moito moito a faltar, empregar construccions gramaticais galegas… etc en Edimburgo falando con outros españois, é algo que non podo facer (un dia tentei explicar o “maloserá”, meu deus, foi dificil de carallo!). E tamen lembro cando deixei de empregar o galego na escola, cada vez que veño de visita lembro cousiñas novas. Lembrei un dia de cativa, teria eu 5 ou 6 anos, e viña da escola con meu pai. Enton el dixome “pero Maria, por que non me falas en galego?” e eu lle respondin “porque me da vergüenza”. Lembreime diso, que magoa. Por iso cando veñen os de galicia bilingüe a soltar a sua merda danme ganas de dicirlle que ninguen protexeu os meus dereitos lingüisticos como nena bilingüe, a ver se so protexemos o que nos conven.
En fin. Que a Coruña esta moi bonita pero vese moi moi valeira! As tendiñas de sempre pecharon, hai pouca xente pola rua… e hai turistas! turistas de calcetin e sandalia! Boto a faltar moitas cousas e decatome cando estou aqui.
O Jim comeu chocolate con churros en Bonilla e gustaronlle moitisimo. Tamen comeu tortilla de meu pai, e hoxe probou pan de aldea, e veña mollar na salsa, jejeje. Iso ali non o fai! É bo sinal. Di que esta todo boisimo e que é raro ver o concepto que se ten de España fora daqui, di que ainda esta a decidilo pero que lle parece que somos un pouco como Gales, coa nosa idiosincrasia particular e o verde, e o mar.
A finde pasaremola en Lugo, imos ir ver á miña familia. Non sei se dixen algunha vez que toda a miña familia é de Lugo? Meus pais viñeron vivir á Coruña e por iso eu medrei aqui, pero cando vou a Lugo estou na casa porque ali esta o resto da familia. Teño ganas de ver ó meu avoiño, e igual imos o Castro de Viladonga.
Gustame moito ser galega e estar arrodeada de cousas galegas, encantame a retranca dos camareiros, jeje. Jim xa sabe dicir “pega” e a miña nai di que esta fin de semana vai aprender moito galego. El quere, di que lle gusta moito e que soa doce.

Un Comentario en “”

  1. paideleo Dixo:

    Levabas tanto tempo sen escribir e volves con forzas e dicindo que casas !. Noraboa e muita sorte con ese futuro que empeza cada día.

Deixar un Comentario